Páginas

sábado, 8 de fevereiro de 2014

Habemus cociña

Por fin sacamos un pouco de tempo para montar a nosa cocińa de xogos.
Pequerrecha hai tempo que entrou na fase do xogo simbólico, e como está acostumada a colaborar e participar na cociña este é un dos seu xogos habituais.
No mercado hai muitas cociñas de xoguete bonitas e conoletas, pero queríamos algo especial. 
Hai uns días na casa dunha amiga vimos unha de cartón, unha idea interesante que xa vira na rede pero que tiña algo esquecida. Así que aproveitando unha caixa de carton de calidade e do tamaño ideal que había no almacénda tenda puxénonos mans á labor.
Este é o resultado



A avóa xa está cosendo uns trapiños multicores para darlle o toque de cor. So nos faltan as potas e as tixolas.

De momento Pequerrecha, está utilizando os utensilios de madeira coma baquetas de bateria coa forniños, jejejee ten unha gran vena musical. 


Outra labor que vos quería amosar, O chal degradado que por fin rematei



Espero que se aprecie o resultado, as fotos están feitas co móbil.
É moi quentiño. Leva 200gr (e un pouquiño) de la Big Delight da casa Drops. Están calcetadas con agullas do número5.
Trátase dun patrón mui sinxeliño, ideal para principiantas porque traballas punto dereito/ revés, aumentos/ diminucións.
Como práctica é xenial xa que son 400 voltas!!!

Espero que vos gusten.

Apertas

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Anímate a Comentar