Páginas

domingo, 26 de maio de 2013

Preparando o día do barrio ❤❤❤❤

So paso para comentar que o día 8 de Xuño, celébrase o segundo día do meu Barrio, "O Barrio de San Pedro". (aquí unhas imaxes da celebración do pasado ano)


Unha xornada adicada a embelecer o noso entorno, facer participar a toda a veciñanza,... En definitiva facer barrio.


imaxe orixinal do Blogue de "Como Pez en el Agua"



E nesas estou estas semanas, preparar, preparar e preparar cousiñas para celebrar. Unha aperta forte para a Asociación de Veciñas e Veciños "A Xuntanza" encarregada de organizar todo un sin fin de actividades e xornadas para millorar o noso entorno de convivencia.





Ganchillo


Ganchillo Tunecino


A dúas agullas-Calceta


sábado, 18 de maio de 2013

Obradoiros de ganchillo Fácil e Sinxelo

A miña querida Nana, volveume ceder o seu espacio-obradoiro "O mundo de Nana" para realizar uns obradoiros de ganchillo este mes de Maio e Xuño.

Plantexados para persoas con nivel baixo, ou cero patatero. Unha forma amena de comezar a darlle á agulla e deixar correr a creatividade.





Cocinillas

Hoxe posteo rápido.
Esta semá, parece que retornamos ao inverno máis profundo, así que, tocaron actividades de interior. Dúas mostras da nosa producción.
Biscoito de iogurte e bolechas de manteiga.

Os cortes de bolachas elexidos por Pequerrecha.
A nosa cociña arrecendía a azucre.




quarta-feira, 8 de maio de 2013

Feira da Primaveira 2013

Aquí están as fotos do posto tan rechulo que montamos O Sol de Inverno e Gatatola, un ano máis, na Feira da Primaveira do Barrio de San Pedro (Santiago de Compostela).




Estou namorada do logo da miña querida compi de O Sol de Inverno.... a que é super amorosa??, claro, como cada unha das pezas que elabora artesanalmente.


Este ano, a Feira puido acoller a un maior número de artesanas e visitantxs. A ampliación do espazo da Feira a toda a Rúa dos Concheiros foi un acerto, e esperamos que se poida repetir, xa que sería unha pena que o concello non concedera os permisos para as próximas feiras do Barrio, ejem... 

A seguinte convocatoria, para o mes de Xuño, durante as FESTAS!!!! si estades interesadxs, non esquezades visitar a páxina da Comisión de Festas para irvos enteirando dos prazos, que logo sempre hai rezagadxs ;P 


Segundo o noso punto de vista a Feira foi unha marabilla, un mar de xente paseando e disfrutando dos postos, da artesanía, do bo roio e felicitándonos polas nosas pezas feitas con amor. Das millores cousas acontecidas, a visita de Vero de Feito de Lúa. Non hai proba gráfica porque a emoción do momento e a cantidade de xente na feira, conseguiron que esquecéramos facernos unha foto as tres xuntas, unha lástima!, pero outra vez será. Ademáis vivimos moi pertiño.


Os meus Minimais e os gorriños 100% algodón, perfeitos para a calurosa xornada do Sábado, foron o producto estrela. En cores alégres e decorados con pequenos animaliños e formas. Ideais para que as crianzas disfruten ao aire libre.


Suaviños, amorosos, brandiños, ... feitos con todo o amor posible ❤


E como sabemos a climatoloxía deste noso país, algúns colos quentiños para non arrefriar a gorxa. Feitos en la de merino, por unha cara, e en polar divertido pola outra(dinosauros, foguetes, coches, cervos, baleas....)






Patucos, guirnaldas, Minimais, colos, gorros, bolsiñas para a froita.... 





Dende o outro lado todo se ve moi, pero que moi ben!



Gracias á Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a Asociación de Veciñas e Veciños "A Xuntanza", porque cada ano, cada feira, cada festa superan as nosas expectativas. Un pracer ser parte de este Barrio.




Unha pequena mostra en imaxes en movemento: