Páginas

segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Feira da Primaveira 2012. Barrio de San Pedro

O Barrio dos meus amores.... O Barrio de SanPedro, en Santiago de Compostela. Un lugar especial habitado por xentes moi especiais. 
Vida de Barrio en estado puro gracias ao traballo constante das persoas que forman a Asociación veciñal "A Xuntanza", e da Comisión de Festas.

Entre as súas actividades anuais, podemos disfrutar da "Feira da Primaveira". Unha xornada para coñecer as diferentes propostas de artesanía local(e non tan local). 

O millor Barrio do Mundo Mundial!


Este 2012 comezamos a poñer postiño para ver que tal saían as diferentes pezas.





Un postiño de proba, xunto coas pezas tan requetechulas de O Sol de Inverno. (Xa podedes facerlle encargos a través do seu blogue e do seu perfil nas redes sociais :) )


A pesar da chuvia, foi unha xornada productiva en compañerismo, alegría e boa recepción das nosas creacións, así que repetimos!
Pero xa vos porei mais imaxes que agora teño que sair correndo a recoller á pequecha.





Nenhum comentário:

Postar um comentário

Anímate a Comentar