Páginas

sexta-feira, 21 de setembro de 2012

Bordaditos amorosos ❤

Comezou o curso escolar, e como a Pequerrecha é unha fascinada da arte e da expresión pinturística o madilón faise imprescindible. Así que as miñas habilidades bordadoras rexurdiron como "ave Fenix". Facía anos(pero anos, anos, anos...) que non collía os fíos de bordar e voilà!!! este é o resultado.

Sinxelo pero resultón.
Aproveitei uns fíos de DMC gardados no caixón desastre, agasallos dunha publicación de manualidades. E ainda que estamos en Septembro, non foi dun primeiro fascículo dun coleccionable ☺

Tanto me emocionei co bordado que merquei unha agulla de "punchi-punchi" ou de bordado ruso . Hai varias opcións no mercado, eu para comezar merquei a máis sinxela e por tanto máis económica. Para comezar con esta técnica pareceume o mais razoable. Con esta nova ferramenta entre os meus dediños, decorei outro dos madiles do cole, pero as fotos outro día que coas presas levouno a clase e non o retratamos.




Nenhum comentário:

Postar um comentário

Anímate a Comentar