Páginas

sexta-feira, 28 de setembro de 2012

Ratiño para unha sobriña moi especial ★

A miña amiga Ánxela, acaba de ser tía por primeira vez. Está tan feliz que non para de pensar na súa sobriña. Quería algo especialmente feito para ela, e me pediu un bonequiño pequeno e con moito amor.

Unha ratiña moi amorosa, en algodón 100% para evitar peliños incomodantes e cun axouxere dentro para saber sempre onde está.





Ten os olliños pretos (de seguridade), e unha pequena flor branca no rabiño.



Desexamos que sea de seu agrado :)




terça-feira, 25 de setembro de 2012

Bordaditos amorosos ❤❤

Pois aquí está a segunda parte de Bordados desta semana. Nesta ocasión puxen en proba a miña nova agulla de bordado "punchi-punchi". Ainda teño que millorar un pouquiño a técnica, pero estou moi orgullosa do resultado.



Un detalle do bordado... jejeje, por iso digo que debo millorar a miña técnica. O "e" quedou un pouco bolecho, e case non se ve o buratiño do medio, haberá que bordar outro mandilón.


Aproveitei uns restos de tea con estrelas e medias lúas que tiña para porlle uns apliques cosidos e así darlle un toque máis especial. 




 E así pola parte traseira



sexta-feira, 21 de setembro de 2012

Bordaditos amorosos ❤

Comezou o curso escolar, e como a Pequerrecha é unha fascinada da arte e da expresión pinturística o madilón faise imprescindible. Así que as miñas habilidades bordadoras rexurdiron como "ave Fenix". Facía anos(pero anos, anos, anos...) que non collía os fíos de bordar e voilà!!! este é o resultado.

Sinxelo pero resultón.
Aproveitei uns fíos de DMC gardados no caixón desastre, agasallos dunha publicación de manualidades. E ainda que estamos en Septembro, non foi dun primeiro fascículo dun coleccionable ☺

Tanto me emocionei co bordado que merquei unha agulla de "punchi-punchi" ou de bordado ruso . Hai varias opcións no mercado, eu para comezar merquei a máis sinxela e por tanto máis económica. Para comezar con esta técnica pareceume o mais razoable. Con esta nova ferramenta entre os meus dediños, decorei outro dos madiles do cole, pero as fotos outro día que coas presas levouno a clase e non o retratamos.




Que bonitos ojos negrooooos!!!

Esta curuxa é unha das miñas últimas creacións. Feita por encargo para unha moziña ben bonitiña.
Esperamos sexa de seu agrado.
Feita en algodón 100% marrón chocolate, con aplicacións en branco e preto.
Na foto non se aprecian demasiado as cores.

Unha tartaruga moi especial

Esta é a miña primeira familia de tartarugas. Levaronme menos tempo do previsto e o resultado final encantoume.
A nai tartaruga ten un 15cm de largo e a filla máis ou menos 5cm ( jejee esquecinme de tomarlles as medidas)



Quedaron tan relindas que Pequerrecha estaba desexosa de as adoptar.


E así chegou o paquetiño ao seu destino: Unha cestiña made in Como Pez en el Agua + GataTola





terça-feira, 18 de setembro de 2012

Romaría Pop

Unhas imaxes do noso posto da Romaría Pop. Celebrouse nun entorno privilexiado: No Parque de Belvís. 


O día acompañou, un sol radiante e calorciño.... unha marabilla na primaveira compostelana!!!




Nesta ocasión, acompañei a Leo, toda unha experta feiranta e todavía máis experta artesana. A súa tenda, Como Pez en el Agua é un espacio de cores e alegría. Nela podedes atopar algunhas das miñas pezas feitas con amor  


Pero como sempre, as pequechas son as que máis disfrutan das experiencias feirantes. Na foto as dúas fermosas modelos de gorriños que bailotearon, xogaron e feirearon todo o que os seus corpos lles permitiron 



segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Día Do Barrio 2012


 Este ano, por vez primeira, no Barrio celebrouse o "Día do Barrio". Unha xornada adicada a coñecer e participar activamente no acondicionamento das rúas polas que transitamos, vivimos e disfrutamos cada día. 


Observar e definir as milloras precisas, promover un barrio mais sostible e vivible, coa participación directa da veciñanza.

Actividades de re-sinalización das rúas,  convivencia, movilidade, espazos verdes, sociabilidade.....










(Unha pena que o tempo non acompañase, e augase a festa de xogos infantís)



 pero sobre todo... un Barrio Bonito!

A primeira mostra de UrbanKnitting do barrio





 O Buzón de San Pedro, dando a benvida a todas as visitantes. Creado polo grupo de tecedoras da tenda de Merche. A tenda de lás e labores do barrio.



Veciñas e Veciños adornando os tan terribles bolardos das rúas


Pero que bonita a Rúa 



Unha das nosas cabezudas, feita pola compi Diana. E neste momento estaba aprendendo a ganchillar!!!




Leo de Como Pez en el Agua, enchendo de peixiños a beirarúa.


Pulpitos molones


Bolardito: Unha das miñas aportacións. O que me custou que a pequecha quixera poñelo no seu novo fogar


E aquí a pequecha disfrutando da experiencia de ver un barrio cheo de colorido. Falando e bailando con Mafalda, saída das habilidosas mans da nosa querida veciña Susana




Feira da Primaveira 2012. Barrio de San Pedro

O Barrio dos meus amores.... O Barrio de SanPedro, en Santiago de Compostela. Un lugar especial habitado por xentes moi especiais. 
Vida de Barrio en estado puro gracias ao traballo constante das persoas que forman a Asociación veciñal "A Xuntanza", e da Comisión de Festas.

Entre as súas actividades anuais, podemos disfrutar da "Feira da Primaveira". Unha xornada para coñecer as diferentes propostas de artesanía local(e non tan local). 

O millor Barrio do Mundo Mundial!


Este 2012 comezamos a poñer postiño para ver que tal saían as diferentes pezas.





Un postiño de proba, xunto coas pezas tan requetechulas de O Sol de Inverno. (Xa podedes facerlle encargos a través do seu blogue e do seu perfil nas redes sociais :) )


A pesar da chuvia, foi unha xornada productiva en compañerismo, alegría e boa recepción das nosas creacións, así que repetimos!
Pero xa vos porei mais imaxes que agora teño que sair correndo a recoller á pequecha.





quinta-feira, 6 de setembro de 2012

Preparando amigurumis

Bolsa para todo

Unha bolsa moi sinxela, baseada en puntos baixos e cadenetas, ideal para principiantxs. O patrón é de Ganchillo Simple, sempre con algunha modificación para darlle un toque personal ❤.
Un clásico con certo aire Vintage, ideal para todas as ocasións.

Está elaborada cuns 150gr de algodón puro de "La Alcireña"-hilaturas Presencia
e cun gancho de 5,5.